Eu xa te busquei
cando o mundo era unha pedra intacta.
Cando as cousas buscaban os seus nomes,
eu xa te buscaba.
Eu xa te procurei
no comenzo dos mares e das chairas.
Cando Dios procuraba compañia,
eu xa te procuraba.
Eu xa te chamei
cando só a voz do vento soaba.
Cando o silenzo chamaba polas verbas,
eu xa te chamaba.
Eu xa te namorei
cando o amor era unha folla branca.
Cando a lúa namoraba as outras cumes,
eu xa te namoraba.
Sempre,
dende a neve dos tempos,
eu, na túa alma.
Celso E. Ferreiro. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario